terça-feira, 10 de setembro de 2013

Recuperação arqueológica voluntária: As Croas de Niñons



«Como vedes, As Croas de Niñóns é un paradigmático recinto castrexo no que o sistema defensivo chegou ata hoxe con parte do seu antigo esplendor. Deste xeito a intención é ir recuperando as partes esquecidas da nosa historia durante a Idade de Ferro, na fronteira entre os “nerios”e os “ártabros”. E para levalo acabo, teñen que participar todos, e máis que ninguén, os maiores do lugar. De feito, os canteiros de Niñóns, Brántuas e Os Ánxeles xa están a facer de “cartógrafos da memoria”, e boa proba da implicación da veciñanza no proxecto o puidemos ver o día da presentación, o pasado día 1, cun cheo total no local social de Brantuas-Niñóns.» [ler tudo aqui relativamente a este projecto magnífico de voluntariado para a recuperação da cultura castreja; não esquecer ver o vídeo.